Inicio Protagonistas Cristina Pato, primeira gaiteira galega en publicar

Cristina Pato, primeira gaiteira galega en publicar

0
356
Cristina Pato (Ourense, 1980) é unha música galega residente en Nova York desde o ano 2004.
A Xunta de Galicia outórgalle a Medalla Castelao 2017, unha distinción a aquelas galegas e galegos cunha obra merecedora do recoñecemento de toda Galicia.
Cristina Pato
Cristina Pato (Ourense, 1980) é unha música galega residente en Nova York desde o ano 2004.
É titulada superior en Teoría da Música, Transporte e Acompañamento, Piano e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona. Ademais, realizou un máster en Artes Dixitais na Pompeu Fabra e é doutora con honores en Artes Musicais en Piano Colaborativo na Universidade Rutgers (Estados Unidos).
Destaca por ser a primeira gaiteira galega en publicar, con tan só 18 anos, un disco en solitario (Tolemia, 1999) para, posteriormente, publicar outros seis como gaiteira e dous como pianista.
Ten dado máis de catrocentos concertos polo mundo enteiro: España, India, Portugal, Reino Unido, Alemaña ou Estados Unidos. Ademais, recentemente fixo historia ao ser merecedora dun Premio Grammy xunto con Silk Road Ensemble, a banda coa que colabora na actualidade en Nova York.
Este ano a Xunta de Galicia outórgalle a Medalla Castelao 2017, unha distinción a aquelas galegas e galegos cunha obra merecedora do recoñecemento de toda Galicia.

SIN COMENTARIOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad